Torneo de Gijón 26

🔥 Magnífico finde o que nos agarda no Mareantes Rugby Club de Pontevedra! 🏉🤍🖤
Unha expedición de máis de 60 xogador@s desprazarase ata Xixón para gozar do rugby en todalas versións posibles 💪✨
🏖️ Primeiro, s máis pequen@s da Escola Deportiva Municipal de Rugby Mareantes, co estimable apoio do Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra, farán a excursión de sempre e participarán no evento aberto organizado polo RGCC na Praia de Poniente.
O Rugby Praia mola !, depois Camping de Deva e ao Terceiro Tempo para tod@s.
Na súa XV edición, este compromiso anual marca o final dunha tempada inesquecible para a club .
❤️🏉
💥 O equipo Senior e os M23 xogarán no mesmo dia un amigable contra o Xixón Rugby Club, pechando a tempada e reforzando o espírito de club entre xeracións 🤝🤍🖤
🍻 E os nosos Veteranos disputarán o seu primeiro torneo de verán no Campo da Laboral, nun triangular fronte a veteranos de Asturias e o XV de Hortaleza. Diversión asegurada! 😄🏉
🏃‍♂️ O sábado, os equipos M16 e M18 terán o seu último adestramento antes do CESA de 7s en Valladolid en dúas semanas 💪🔥
⚓ O domingo, varios dos nosos xogadores participarán xunto ao Gremio de Mareantes nunha tradición secular da Boa Vila que se remonta ao século XII.
Orgullo de cidade ❤️
🙏 Grazas ao @pontevedrate polo seu apoio nas Escolas Deportivas Municipais. Xa pensamos na próxima tempada… con moitas novidades! 👀✨
👉 Queres probar o rugby ou informarte?
📲 609 347 446
📧 mareantesrugby@gmail.com
⏳ Quen chega antes?
🏉🖤🤍 MAREANTES!

Leer más »

Presentación Escolas deportivas 25/26

🏉✨ Comezamos unha nova tempada na Escola de Rugby do Mareantes Rugby Club! Aquí medramos máis fortes, máis sans e máis felices 💪

🔹 Equipos  xa están en marcha cos adestramentos
🔹 A competición comeza a vindeira semana
🔹 Volven as Escolas Deportivas Municipais para quen queira probar o rugby
🔹 Xornadas de portas abertas para os nacidos entre o 2011 ao 2021: luns e venres de 19:00 a 20:30

📞 Tes dúbidas? Chama ou escríbenos ao 609 347 446 Proba o rugby... ¡non te vas arrepentir!🏉

💬 Quen chega antes? 🖤🤍🖤🤍
#MAREANTES
#RugbyGaliza #EscolaDeRugby #DeporteBase #SomosMareantes #RugbyPontevedra

Leer más »

Os xogadores do Mareantes

O noso xogador Sergio Rial, proclamouse co seu equipo campión de liga DH autonómica catalá e agora xogará a fase de ascenso a DHB nacional.
Noraboa e Ferro Santboiana!!

Leer más »

Final M16 Mareantes RC

Que final de liga M16 vivimos este finde contra o Rías Baixas! 😮 Un encontro pechado, vibrante, daqueles que fan afección. Os nosos Mareantes loitaron cada balón, sumando 4 ensaios e dúas transformacións que nos fixeron vibrar. ⚡

Cun resultado final moi axustado que o di todo :
27 Rías Baixas R.C.
24 Mareantes R.C. Pontevedra

Hoxe toca poñer en valor o esforzo destes xogadores que, mesmo con importantes baixas , demostraron o que é o espírito Mareantes: garra, compañeirismo e loita ata o final. 👏 O club está inmensamente orgulloso de vós!

A nosa noraboa tamén ao Rías Baixas Rugby Club, xusto campión nun partido de altísimo nivel. 🤝

A tempada non remata aquí! O rugby galego segue vivo e con moitas ganas de máis.

Quen chega antes ?
MAREANTES !!!

#Mareantes #RugbyPontevedra #M16 #FinalLiga #TraballoEnEquipo #EnhoraboaCampeón
#enceplansocialpontevedra
www.mareantespontevedrarugby.es

Leer más »

Fin de semana de Rugby

No Mareantes atopámonos cunha fin de semana sen Rugby, isto no pasa dende fai moito tempo.
Que tempada estamos a vivir!.
É momento de lembrar o paso á final da liga Galega do noso equipo M16 o pasado domingo onde se xogou un gran partido contra os nosos compañeiros de Vigo Rugby Club.
Partido igualado ata o final que caeu ao lado do Mareantes nos últimos compases. Un gran parabén témoslle que dar ao equipo olívico que creceu moito durante a tempada, facendo un gran xogo ata o final. Sentimos a lesión de Carlota, ala de Vigo, durante o partido e desexámoslle unha pronta recuperación.

O M16 enfrontarase ao Rias Baixas RC a próxima fin de semana na Coruña, aínda que con baixas importantes sabemos que o equipo o dará todo como sempre, leste é o terceiro ano consecutivo que o Mareantes chega á final desta categoría o que é un orgullo para este club.
Os nosos Senior desprazáronse ás Pontes na mesma data para disputar a Semifinal da súa división da liga Senior Maculina. O equipo de Mareantes/Barbanza RC comezou un pouco descoidado en defensa o que permitiu que o Fendetestas collese unha vantaxe inicial que, aínda que se apertou ao final foi demasiada para lograr a vitoria. Unha boa tempada no seu conxunto que lle faltou a guinda final.
Esta fin de semana hai entrenos da Selección Galega M14 mixto e M16 masculino e femenino onde o Mareantes Rugby Club ten diversos xogadores/as nas tres categorías, outro gran éxito.
Os entrenos continúan, se queres formar parte desta familia chama ao 609347446.

Quen chega antes? . MAREANTES

Leer más »