O noso M14 xogou na casa, en Monteporreiro, a final do 2º grupo da Liga M14 contra o Ourense/Santiago RC.
Vitoria blanquinegra!
Houbo momentos de xogo fermosos e outros nos que aínda queda marxe para mellorar , algo intrínseco nestas idades. Este equipo, formado por xogadores do Mareantes e dos Ingleses de Vilagarcía, non deixou de medrar tras un inicio dubitativo. Así é o rugby de formación: evolución constante .
Temos moitas esperanzas nestes rapaces e rapazas e xa lles estamos preparando novos retos interesantes mentres traballamos tamén no 7s.
Os M18 perderon a semifinal da Copa FGR contra un gran CRAT na Coruña.Viaxamos con varios M16, que demostraron un nivel espectacular e unha personalidade enorme fronte a un rival durísimo .Despois do Subcampionato de Liga, este equipo merece descansar, resetear e volver máis forte.
Estamos moi orgullosos desta xeración e do seu staff .
Seguimos adestrando! E con este sol e a primavera…
É un momento perfecto para probar o rugby!
Chama ou escribe ao 609 347 446 mareantesrugby@gmail.com Recupérate , Turi! Sempre con nós Quen chega antes? MAREANTES #enceplansocialpontevedra www.mareantesrugbypontevedra.es
Añadir comentario
Comentarios