Mareantes Rugby Club de Pontevedra non para de crecer coa súa Academia

Publicado el 1 de diciembre de 2023, 21:33

O Mareantes Rugby Club de Pontevedra non para de crecer coa súa Academia, o traballo e tesón nos adestramentos para mellorar neste deporte coa supervisión técnica experimentada. Dános moita satisfacción que 9 xogadores do noso M16 fosen preseleccionados para o adestro no cal se decidirá cal vai ser a Convocatoria da Selección Galega para xogar o CESA XV contra Asturias o próxima día 25 de Novembro no Campo de Elviña na Coruña. Seguro que algúns non serán convocados ao final e outros novos terán outra oportunidade máis adiante; o importante é nunca perder a ilusión neste marabilloso deporte.

Se queres formar parte desta familia, escribe ou chama ao 609347446.

Quen chega antes?. MAREANTES

CONVOCATORIA SELECCION M 16 VILATUXE 17 11 2023
PDF – 682,8 KB 44 descargas