Esta fin de semana tamén se disputaron senllos partidos do Mareantes Rugby Club nas categorías M16 e M18.

Publicado el 1 de diciembre de 2023, 21:41

Ambolos dous equipos desprazáronse o Domingo ao difícil campo da Malata para xogar co Club de Rugby Ferrol.

 Encontrámonos cuns encontros extremadamente físicos. É un pracer xogar ao rugby de vella escola nestas ocasións, xogadores que nunca se esconden e dan o 100% en cada fase indiferentemente dos impactos, das condicións do campo e do tempo meteorolóxico.

 Comezou o M16 blanquinegro moi seguro en defensa, avanzando coa dianteira de maneira constante e ocupando moi ben os espazos, conseguindo ensaios pronto o que fixo que o partido se puxese pronto ao lado pontevedrés.

 O Clube de Rugby  Ferrol nunca baixou os brazos cunha defensa dura ás veces con indisciplinas ante as novas regras de placaxe desta tempada. Chegouse ao descanso con vantaxe pontevedresa que se confirmou ao comezo da segunda parte cunha ¾ máis activa realizando boas xogadas á man cos centros e os alas do equipo.

Destacamos o debut de Breixo, un novo pillier que comezou neste deporte e estamos seguros que nos dará as alegrías.

O M18 entrou no campo ás 14 horas cun equipo reforzado por Nico e Ulises, dous M16 que axudaron ao conxunto. Os M18, novos nesta categoría saíron pouco intensos para o ímpeto que puxeron os ferroláns, o que fixo que se sufrise moito fisicamente chegando ter ata 4 lesionados na primeira parte, os locais fóronse fácilmente no marcador. Na segunda parte trala charla no descanso creceu a concentración e intensidade, igualándose o xogo e conseguindo dous ensaios co que este equipo milagre segue aprendendo, o resultado final de 57-12 mostra o dominio ferrolán en xeral.

Despois un gran terceiro tempo de charla con vellos amigos, falando de rugby, do futuro deste deporte en Galicia e da satisfacción que é o ter un elevado número de nenos na Escola e Academia tras un traballo humilde, serio e sincero.

Anímate, escribe ao 609347446.

Quen chega antes?. MAREANTES

#enceplansocialpontevedra