Ben cedo o Sábado saíu a nosa expedición cara ao Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, dá gusto ver @s pequen@s rugbiers e ás súas familias con esa emoción de ter un longo día de rugby por diante.
O Mareantes presentou a 41 xogadoras e xogadores en todalas categorías entre M6 e M12, a xornada aínda presentaba o formato inicial con equipos de só 5 xogadores por equipa e un contacto moderado, estupendo para os novos neste deporte.
Por diante varios partidos contra representantes de 13 clubes de Galicia que se sucederon durante toda a mañá.
Moitas risas, placaxes, revolcóns e ensaios aconteceron nas terras do Deza, “os abellóns” do Coreti Lalín é un fantástico exemplo de Club que coida á súa canteira e sempre está disposto a promocionar o deporte oval, a organización como sempre foi fantástica e así se mostra nas fantásticas fotos que Fran, o noso cámara e pai de rugbier, compartiu con todos nós, unha imaxe vale máis que mil palabras.
Aínda hai moito sitio na nosa canteira para que te unas, agora ao final de ano e principio do 2024 é un momento perfecto para probar o rugby, asegurámoste que non te arrepentirás. Chama ou escribe ao 609347446.
Quen chega antes?. MAREANTES
#enceplansocialpontevedra