Esta fin de semana o Mareantes Rugby Club de Pontevedra presenta partidos de altura en tódalas categorías nas diferentes capitais de Galicia.

Publicado el 1 de diciembre de 2023, 22:49

Os M14 viaxan ata a cidade das termas este Sábado , partido contra Santiago/Ourense Universidade dun equipo, o noso,  que conta todalas súas participacións por vitorias. As nenas e os nenos do equipo están fortes e ilusionados, saben que isto está a empezar e a maneira de seguir con esta traxectoria é adestrar duro pero pasándoo ben. Partido que comeza no Campo Universitario de As Lagoas ás 13:30. Aída así botamos moito de menos ao noso 10, a Mateo Dapena, lesionado dende principio da tempada, esperámoste pronto

Os M16 teñen un partidazo en casa o Sábado ás 14 horas contra o CRAT, vellos amigos e coñecidos, o liderado da categoría está en xogo. Partido duro onde os haxa e é unha primeira pedra de toque entre dous equipos que estarán entre os que aspiren á conquista do título o final de tempada. O resultado só será orientativo do estado de forma de cada un nestes momentos pero os xogadores sairán a dalo todo. Ambalas afeccións son amigas dende hai tempo e están de acordo que o mellor destes días sempre está despois do encontro que son os épicos terceiros tempos que acontecen cada vez que se xuntan. Nesta ocasión tócalle ao Mareantes RCP organizalo no seu local da rúa Nicolás. A partir das 16 horas empezará a festa.

Os bravos M18 do Mareantes/Ourense /Santiago RC viaxan minguados a Coruña a xogar contra o CRAT  no precioso estadio á beira da Torre de Hércules ás 13:00 , moitísimas baixas nun partido de transición que ten o obxectivo de seguir crecendo e aprendendo para os seguintes partidos en casa os que hai que subir a intensidade. Orgullo de rapaz@s!.

Os Senior xogan contra o Barbanza ás 18 horas na nosa casa de Monteporreiro, empeza a segunda volta dunha competición con altibaixos nas que se debe continuar co refacho xunto cos nosos amigos do Kaleido Vigo. Enviámoslle un forte abrazo e desexámoslle unha pronta recuperación a Chema desde aquí.

Moito, moito que ver neste final de ano. Únete, chama ao 609347446

 

Quen chega antes?. MAREANTES