EMPEZAMOS O 2024 CON MOITA ACTIVIDADE

Publicado el 11 de enero de 2024, 17:44

Empeza o 2024 con moita actividade no Mareantes Rugby Club de Pontevedra.

Ata 33 nen@s das categorías M16-M12 da Escola de Rugby péganse unha boa viaxe ata Viveiro para participar na Concentración de Escolas de Galicia organizada polo Asterix, incrible proxecto o da mariña lucense, parabéns a Óscar Lara e demais colaboradores.

Os M14 como lideres invictos xogan o primeiro partido aprazado da segunda volta da liga Galega contra o actual campión. O Domingo ás 12:30 disputan no marabilloso campo de Fontecarmoa un partidazo contra Os Ingleses actual segundo clasificado da Liga Sur. Do mellor que se pode ver nestas idades, xenial para que novos afeccionados a este deporte vexan dous bos equipos en acción.
Unha expedición dos M16, tamén líderes da súa categoría, viaxan a Cantabria coa Selección Galega a disputar o segundo partido do CESA XV, o Domingo ás 11:45 am saltarán ao campo da Albericia en Santander.
Os M18 descansan esta semana, preparando o partido da semana que ven cotra UNR.
Os nosos Senior xogan contra Lalín o Sábado na nosa casa de Monteporreiro ás 16:00 h. É importante valorar o proxecto deste equipo e os seus compañeiros de Vigo. Invitados estades a asistir.

E ti?, Queres facer cousas novas no novo ano 2024, apúntate ao Rugby, o Mareantes de Pontevedra é o teu sitio. Escribe ou chama ao 609347446.

Quen chega antes?.
MAREANTES

www.mareantesrugbypontevedra.es