FIN DE SEMANA INTENSO

Publicado el 29 de enero de 2024, 22:43

Non podemos estar máis orgullosos de nos@s xogador@s da Academia do Mareantes Rugby Club de Pontevedra.

Estamos orgullosos polo seu compromiso, esforzo individual e colectivo, polo seu interese en aprender, polos seus valores, pola educación que dan os entrenadores e por que non dicilo pola posición que ocupan nas súas respectivas Ligas.

O noso M14 xogou a 2ª volta contra o PRC gañando o partido con baixas importantes o que é importante xa que achega experiencia a xogadores con menos minutos e aos guerreiros M12. Agradecemos o fantástico 3er tempo que nos ofreceron os nosos anfitrións tralo partido. Este equipo segue invicto xogando un rugby de moitísima calidade.

Os M16 trasladáronse a Santiago para xogar contra o Santiago-Campus Ourense RC tras máis de 1 mes de parón ligueiro, por unha banda, queremos felicitar polo bo xogo despregado ao equipo local e a pesar da nosa vitoria cremos que hai moitos puntos que mellorar se queremos optar ao Campionato este ano, como no M14 somos lideres invictos nesta categoría moi competida. Destacamos o debut de Dani Ortins un novo xogador que nos dará moitas alegrías nun futuro. Xogamos contra UNR en dúas semanas nas cales temos que dar un paso adiante na nosa forma.

Os M18 descansaron este finde, están 4ºs na súa categoría e estamos a expensas do partido do próximo domingo entre UNR vs CRAT para saber se xogamos a liga polo título. Pase o que pase esta tempada xa é un éxito.

Os Senior viaxaron a Lalín disputando contra o aguerrido equipo abellón un partido interesante, aguantouse con clase a primeira parte pero ao final a superioridade física e numérica dos dezáns pasou factura. Sempre a tope cos “bois” blanquinegros.

No noso ADN están profundamente incrustado dous pensamentos:
“Play to win – but not at all cost” (“Xoga a gañar- pero NON a calquera prezo”).
«Na vida, ou se gaña ou se aprende, nunca se perde».

Se queres formar parte disto, achégache a adestrar un día., escribe ou chama ao 609347446.

Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es