FIN DE SEMANA DE RUGBY GALEGO

Publicado el 17 de abril de 2024, 13:45

Que divertido foi esta fin de semana de Rugby!.

As Escolas do Mareantes partiron cara a Vilagarcía o sábado levando toda a ilusión do mundo debaixo do brazo. Presentáronse equipos M6, M8, M10 e M12 os cales xogaron 3 partidos cada un nun día que anticipaba o verán. Que dicir?. DIVERTIDÍSIMO. Grazas a Os Ingleses pola organización dun día perfecto de rugby.

Os nosos M16 viaxaron a Valladolid para xogar o "play out" de ascenso ao CESA A contra Euskadi, os 4 Mareantes formaron no equipo inicial que chegou ao descanso cun axustado 19-14. A segunda parte foi netamente vasca e levaron o partido, destacar que esta foi a única derrota da tempada nunha gran xeración de Rugby galego, polo que noraboa por este gran esforzó e entusiasmo.

Os M14 xogaron en Acea dá Má o final do CESA B contra Asturias, tras un inicio preocupante onde os asturianos chegaron a coller moita vantaxe as liñas fóronse axustando terminando o partido con vitoria galega e con todos os Mareantes facendo un gran partido xunto cos seus compañeiros de selección.

As rapazas do M16 coa nosa supper Hanna tamén lograron unha cómoda victoria contra Asturias no amistoso que xogaron previamente, Hanna xogou un partido excelente xunto coas súas compañeiras.

Agora á espera das finais da próxima fin de semana en Lalín, só podemos traballar, aprender e esforzarnos… despois divertirnos nos partidazos que nos esperan..
Quen chega antes? . MAREANTES.

www.mareantesrugbypontevedra.es
# enceplansocialpontevedra