RUGBY EN ARTEIXO

Publicado el 30 de abril de 2024, 15:03

E comezou o Rugby 7s para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
Esta fin de semana tivemos a sorte de ser convidados por un dos Clubs históricos de Galicia, os nosos amigos do Club de Rugby Zalaeta a un festival amigable de Rugby no campo de Oseiro en Arteixo.
As categorías M14, M16 e M18, estes últimos xunto a Ourense e Santiago RC, gozaron dun día de rugby 7s onde se enfrontaron en diversos encontros a grandes equipos como o Zalaeta, CRAT, Santiago e o All Rugby de Llanera.
O día foi divertidísimo, con xogadas xeitosas para @s rapaces que serven de perfecto adestramento para a próxima Copa Xunta.
O formato 7s de Rugby en gran auxe dentro en España nunca foi o preferido do Mareantes de Pontevedra onde sempre botaremos de menos á nosa “aguerrida” dianteira , aínda así encántanos competir, aprender e sobre todo pasalo ben.
Ata nos saíu o sol nun día perfecto de rugby aderezado por un magnífico terceiro tempo.
Grazas “Rinos”.
Atrévete a probar o rugby en Monteporreiro os Luns ou Venres ás 19 horas.
Quen chega antes?. MAREANTES

https://www.instagram.com/p/C6GWIhMtQ99/

Hay #rugby en #Arteixo