Puxa Asturies!

Publicado el 6 de junio de 2024, 11:58

A Escola do Mareantes Rugby Club de Pontevedra voltou ser convidada polo Real Club Cultural Covadonga de Xixón ao XIV Torneo de Rugby Praia da cidade irmá onde acudiron un total de 600 deportistas amantes do rugby que fixeron deste día algo en grao sumo especial e inesquecible.

@s pequen@s Mareantes teñen este día marcado no seu calendario como un momento grande de cada tempada onde teñen contacto con escolas de rugby de tódolo norte de España e onde gozan do deporte oval que tanto lles gusta.

O Sábado comeza cunha viaxe ao mencer, continua cunha chea de partidos na Praia de Poniente de Xixón e termina cunha cea e durmida cos teus amigos no Cámping de Deva, mellor imposible!

O Domingo os anfitrións convídannos xunto aos amigos de Gaztedi a unha comida de confraternización entre Clubs onde a tradición do Terceiro Tempo chega á súa máxima expresión coa colaboración de todalas familias.

Todo isto non podería pasar sen a axuda de adestradores, delegados, nais e pais que coidan deste grupo de máis de 50 persoas pero en especial facemos mención ao noso nexo de unión, a Miguel “o Negro” Tascón (@migueltascon) , antigo xogador do Club de Rugby Xixón e Director Deportivo do Mareantes, sen él non conseguiríamos esta maxia e amizade.

Aínda non acabamos a tempada, se queres probar o rugby podes chamarnos ao 609347446!.
Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es
#enceplansocialpontevedra

Haz clic aquí para añadir texto