E xa está ao caer a Concentración Anual de Escolas de Rugby de Galicia organizada polo Mareantes Rugby Club de Pontevedra!.
Este Domingo 26 de Xaneiro, 325 xogadores e xogadoras entre 5 e 12 anos de 13 equipos de Galicia achegaránse ás instalacións Manolo Barreiro de Pontevedra para gozar do rugby.
Estes eventos son ideais para mostrar ás familias, amigos e público en xeral un deporte apto para tod@s, onde o espírito de equipo, a competitividade e o esforzo son elementos fundamentais do día a día que axudan a crecer tanto física como mentalmente aos máis pequenos.
Teremos tempo chuvioso pero habera una fantástica Cantina aberta no campo para tomar comida e bebida quente, música, sorteos e moitas cousas para axudar ao Club, achegádevos!
Agradecemos especialmente ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra a axuda e colaboración que nos prestou para a organización deste evento e polo seu apoio ao rugby nas Escolas Deportivas Municipais.
Por outro lado os nosos M18 xogan o Sábado ás 14 horas o primeiro partido da segunda fase polo titulo de Liga contra o actual campión; Vigo Rugby Club. Partido duro onde o Mareantes terá que mellorar o xogo que presentou durante as últimas semanas. Temos moita confianza neste equipo que aínda que con baixas importantes por lesións, enfermidades e sancións non pode facer outra cousa que crecer.
Chama ao 609347746 para unirte a esta gran familia.
Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantespontevedrarugby.es
@pontevedrate
#animomanucho