O Mareantes Rugby Club deséxavos unhas Felices Festas de Nadal a todos!.
Esta fin de semana de rugby deixounos o estupendo Torneo de Nadal de rugby touch que celebramos en San Andrés de Xeve aberto a todo o público. Achegámonos case 100 persoas a pasar unha estupenda mañá de Domingo a rirnos, facer deporte e gozar coa familia con este deporte que tanto nos achega.
Agradecemos á Secretaria de Deporte e a Xunta de Galicia pola súa colaboración no evento.
O Sábado o noso M14 xogou en terras @dezanas o noso último partido do 2024 onde se está vendo unha gran progresión en todos os aspectos do xogo. Parabén por esta fantástica vitoria e grazas ao @cluberugbycoretilalin por acollernos tan ben coma sempre.
Antes de fin de ano teremos diversos eventos como os brindes do Presidente e do Capitán en fin de ano e a nosa asistencia como Club á tradicional San Silvestre pontevedresa.
Quen chega antes?.MAREANTES
www.mareantespontevedrarugby.es
#animomanucho
#deportegalego
#xuntadegalicia
