✨ Orgullo Mareante! ✨

Publicado el 21 de noviembre de 2025, 11:31

Oito xogadores do Mareantes Rugby Club de Pontevedra —dous da categoría M-18 e seis da categoría M-16— foron convocados pola Selección Galega de Rugby para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se celebrará este sábado 22 de Novembro en Xixón na categoría de Segunda División.

Dende aquí queremos enviar a noraboa a estes xogadores polo seu enorme traballo, dedicación e esforzo. O seu compromiso lévaos agora a defender a nosa terra nun dos torneos máis importantes do ano.

Grazas por levar o espírito mareante tan alto. Estamos orgullosísimos de vós!

Imos, Galicia!Imos, Mareantes!

@fegarugby @rugbygalego

#Pontevedra #DeporteGalego#rugby#deportepontevedra #pontevedrate#rugbypontevedra#rugbygijon

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios