Outro fin de semana de Rugby en todas as categorías do Mareantes Rugby Club de Pontevedra 🖤🤍🖤🤍

Publicado el 17 de diciembre de 2025, 11:37

O sábado a nosa Super Escola viaxou con 30 peques ás fantásticas instalacións de Os Ingleses de Vilagarcía para gozar da 3ª Conteración de Escolas de Rugby organizada pola FGR. Día incrible cheo de diversión que rematou coa visita sorpresa de Papá Noel entregando medallas aos nosos rugbiers.

Os Senior desprazáronse a Lugo con moitas baixas para disputar un duro partido contra Muralla, con clara vitoria local.

O domingo foi a quenda da Academia:

Os M14, xunto cos seus compis de Vilagarcía, viaxaron a Acea da Ma e lograron vitoria fronte a Ferrol/Zalaeta.

Os M16 seguen invictos esta tempada tras un marcador folgado, aínda que intenso, fronte ao CRAT, demostrando a súa aspiración ao título.

Os M18, tamén con moitas baixas, loitaron ata o final pero a vitoria caeu do lado visitante, sendo a súa primeira derrota da tempada.

Seguimos a tope en Monteporreiro. Queres probar? Escríbenos ou chama ao 609347446.

Quen chega antes? MAREANTES

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios