🤍🖤 Comezamos o 2026 con forza!

Publicado el 9 de enero de 2026, 11:42

Este domingo 11 temos xornada completa en casa no Mareantes Rugby Club Pontevedra!

M14 viaxa ás fantásticas instalacións de Fontecarmoa, invitados polos nosos compañeiros de equipo, Os Ingleses RC de Vilagarcía, para un partidazo contra UNR. Despois do igualado encontro da primeira fase, agárdase un duelo emocionante!

Senior Mareantes/Barbanza abre a mañá en Monteporreiro contra un duro CR Ferrol. . Un equipo o noso que sempre loita cada balón e na casa espera poder sair cun resultado favorable.

M16 xoga contra UNR, loitando por continuar coa imbatibilidade nesta temporada Este equipo está demostrando regularidade e bo rugby, equipo cunha seriedade defensiva imponente, unha dianteira fortísima e con gran talento na tres cuartos

M18 pecha a xornada ás 15:15, con baixas importantes e ausencias, pero con moita ilusión para cambiar a tendencia e poder optar para loitar polo título!

Retransmisión en directo dos partidos de Monteporreiro aquí app.gs360play.com/login

Queres probar o rugby despois das festas? Chama ou escribe ao 609 347 446.

Quen chega antes? MAREANTES!

#enceplansocialpontevedra

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios