Tócalle o turno aos máis pequenos da Academia… os nosos guerreiros M14 🤍🖤🏉

Publicado el 25 de febrero de 2026, 11:59

@s xogador@s do Mareantes Rugby Club de Pontevedra e de Os Ingleses Rugby Club de Vilagarcía deste grupo en formación son o noso olliño dereito .

Tras tres derrotas iniciais na Liga nun comezo complicado, contaron todos os encontros restantes por vitorias , cunha traxectoria ascendente e unha mellora continua que merece unha gran noraboa para estes nen@s, para o seu staff e para as súas familias . Grazas por crer no Proxecto!.

A fin de semana pasada xogaron en Ourense contra os nosos amig@s do Ourense/Santiago Rugby Club nun deses partidos que nos encantan: igualado, combativo e emocionante . Finalmente caeu do lado Mareante tras unha “loita deportiva” fermosa .Agora comezan as semifinais do segundo grupo da Liga e xa encaramos a fase final da tempada de XV… pero con moitas sorpresas por vir tanto en XV, como en VII e coma non no Rugby Praia . Son o noso futuro! Queres unirte a este grupo?Se naciches entre 2014 e 2012, aínda estás a tempo. Adestramentos: Luns, Martes e Venres en Monteporreiro 609 347 446 mareantesrugby@gmail.com

Desde o Mareantes non podemos esquecernos da importancia das rapazas nos nosos equipos. Co 8 de marzo preto e profundamente alarmados pola violencia de xénero que vemos a diario, reiteramos o noso apoio firme para erradicala da faz da terra .

Quen chega antes? MAREANTES. #enceplansocialpontevedrawww.mareantesrugbypontevedra.es

 

 

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios