PRÓXIMA XORNADA

Publicado el 19 de octubre de 2023, 14:26

O Mareantes Rugby Club de Pontevedra afronta unha nova xornada de Liga Galega cos seus equipos M16, M18 e Senior, descansando nos@s pequen@s guerreir@s M14 nesta ocasión.
Os dous primeiros viaxarán o Domingo ao campo do CUVI en Vigo onde se enfrontarán ao @vigorugbyclub, actual Campión de Liga en ambas as categorías.
O M16 repetirá a final do ano pasado contra un gran equipo vigués ás 10:45 am onde será a primeira toma de contacto entre dous equipos cuns integrantes que se coñecen perfectamente e que mostrará o nivel desta xeración neste inicio de tempada pasado por auga, estamos seguros que estes dous equipos volverán verse as caras máis adiante na competición.
O novo equipo M18 formado este ano xunto cos compañer@s de Ourense e Santiago Rugby enfrontarase ás 12:00 cunha xeración excepcional do 06 vigués que dominou a competición desde a súa saída das Escolas de Rugby onde por certo atópase tamén o noso amigo Santi, non esperamos máis que gocen da xornada, que compitan e puxen co espítitu de sempre e que aprendan dos mellores, diso trátase, de mellorar cada día.
O noso equipo Senior coa colaboración de Vigo RC enfrontarase no noso campo de Monteporreiro o Sábado ás 16:00 ao @santiagorugbi, presidido por certo por un admirado antigo xogador desta casa. Este ano o campionato rexional móstrase como competido e empcionante. A dianteira Mareante nunca defrauda e se mellora o tempo estamos seguros que se verá un bo partido.
Todo isto ademais aderezado coas Semifinais do Mundial que se poderán gozar en directo coa familia do Mareantes o Venres e o Sábado ás 21 horas no Local do Club an a Rua San Nicolás, @el_local_
Emocionante non.. o seguinte.
Abúrreste no teu Clube Deportivo?, queres facer algo deportivamente excitante e distinto?. Ven ao Mareantes Rugby Club, non te arrepentirás.

Escribe ou chama ao 609347446
Quen chega antes?. MAREANTES