RESUMO DA FIN DE SEMANA MAREANTES

Publicado el 30 de octubre de 2023, 16:41

Fin de semana de acción no Mareantes Rugby Club de Pontevedra onde o deporte e a diversión foron os protagonistas.
O Venres empezamos no @el_local_ vendo un gran partido de rugby entre Inglaterra e Arxentina polo 3er e 4º posto do Mundial con decenas de aficionados disfrutando do encontro mentres no piso de arriba se disfrutaba duna Cata de viños do mundo liderada polo presidente Roberto "Maravillas" Juncal... ademáis tíñamos representación en Francia co noso Director Deportivo, Miguel Tascón disfrutando do encontro en vivo e en directo.
Os nosos pequenos levantáronse cedo o Sábado para asistir a unha gran xornada de rugby en Lalín onde as escolas de ámbolos equipos gozaron dun adestramento conxunto. Os M6/M8/M10 e M12 tiveron a oportunidade de gozar das súas primeiras carreiras, tocatas, melés e placajes abaixo. Para nós o competir deportivamente é parte esencial deste xogo e os sorrisos dos nenos tras o marabilloso terceiro tempo ofrecido polos anfitrións é mostra diso. Especial ilusión fainos a presenza de novos xogadores nos equipos.
Os M16 e M18 viaxaron á Estrada para participar nos entrenos do Instituto Galego do Rugby, xerme da futura selección galega das súas categorías, o tempo aguantou o suficiente para que os nenos puidesen continuar coa súa aprendizaxe.
Os M14 descansaron preparando o derby deste Sábado en Monteporreiro contra o PRC.
Pola noite a gran final do Mundial de Rugby, o Local a rebordar coa presenza do "Capi" Lemos, un dos fundadores do Club, xunto Seniors, veteranos, máis parella, fillos, nais e pais de xogades, grazas ao arroz preparado por Lusqui e Juan tivemos a oportunidade de non desfallecer de fame cunha copiosa cea.
Aquí é onde se demostra que somos un gran Club, unha gran familia blanquinegra.
Chama ou escribe ao 609347446 se queres participar dela, sempre terás as portas abertas.
Quen chega antes?. Ma-re-an-tes.