Outra semana de acción para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra.

Publicado el 1 de diciembre de 2023, 20:53

Outra semana de de acción para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra.

Os M16 e M18 desprazáronse ao durísimo campo do CUVI, sede do @vigorugbyclub, mellor Escola/Academia de Galicia ademais de referente para nós en moitas cousas das que aínda temos que aprender.

Os M16 repetiron a Final da pasada tempada nunha disputa moi similar, partido con fases de rugby de vella escola, loita e intensidade propia de xogadores de máis idade onde ningún dos equipos baixo os brazos nunca. Non foi un encontro brillante co balon oval pero si dunha actidud inquebrantable de ambalas escuadras que ao final gañou o Mareantes pero que puido cero contrario. Só podemos dicir que aínda que hai moitas cousas que mellorar, estes encontros gáñense ou perdanse forxan o espírito dun equipo; polo que parabén ás 2 escuadras.

O M18 disputaron un partido dificil dende o principio  contra unha xeración dominate en Galicia dende cativos,  conxunto compacto e de moitísima calidade. O novo Mareantes/Ourense/Santiago Rugby é un equipo en formación cun obxectivo de mellorar día a día, aprender dos mellores, formarse como conxunto competindo con todo o que temos. No descanso o 27/0 demostra que a actitude de est@s xogador@s foi inmensa defensivamente, 2 baixas por lesión fixeron que o final do partido fose doado para Vigo pero que non caiba a menor dubida que @s nos@s dérono todo no campo. Só nos queda mellorar nos entrenos porque de actitude e entusiasmo estamos a tope!. Parabén equipo!.

Os Senior disputaron o Sábado o seu partido en Monteporreiro contra os vellos coñecidos e amigos de Santiago Rugby. Partido marcado polo bo xogo santiagués á man e por certos erros defensivos que debemos de mellorar con adestramento, o resultado final de 10-50 reflicte a superioridade neste encontro. Despois terminouse cun fantástico Terceiro Tempo no Local do Mareantes  rematado cunha semifinal do Mundial que fixo o día completo.

O próximo fin de semana é de descanso para os maiores pero empeza a actividade dos pequechos cun adestramento en Lalín con outras escuelitas, empeza a diversión da canteira!.

Se queres unirte, anímate. Mareantes Rugby Club é a túa casa, escribe ou chama ao 609347446. Quen chega antes?. MAREANTES