Fin de semana de acción no Mareantes Rugby Club de Pontevedra onde o deporte foi o protagonista.

Publicado el 1 de diciembre de 2023, 20:57

O Venres empezamos no @el_local_ vendo un gran partido de rugby entre Inglaterra e Arxentina polo 3er e 4º posto do Mundial con decenas de aficionados disfrutando do encontro.

Os nosos pequenos levantáronse cedo o Sábado para asistir a unha gran xornada de rugby en Lalín onde as escolas de ámbolos equipos gozaron dun adestramento conxunto. Os M6/M8/M10 e M12 tiveron a oportunidade de gozar das súas primeiras carreiras, tocatas, melés e placajes abaixo. Para nós o competir deportivamente é parte esencial deste xogo e os sorrisos dos nenos tras o marabilloso terceiro tempo ofrecido polos anfitrións é mostra diso. Especial ilusión fainos a presenza de novos xogadores nos equipos.

Os M16 e M18 viaxaron á Estrada para participar nos entrenos do Instituto Galego do Rugby, xerme da futura selección galega das súas categorías, o tempo aguantou o suficiente para que os nenos puidesen continuar coa súa aprendizaxe.

Os M14 descansaron preparando o derby deste Sábado en Monteporreiro contra o PRC.

Pola noite a gran final do Mundial de Rugby, o Local a rebordar coa presenza do "Capi" Lemos, un dos fundadores do Club, xunto  Seniors, veteranos, máis parella, fillos, nais e pais de xogades,  grazas ao arroz preparado por Lusqui e Juan tivemos a oportunidade de non desfallecer de fame cunha copiosa cea.

Aquí é onde se demostra que somos un gran Club, unha gran familia blanquinegra.

Chama ou escribe ao 609347446 se queres participar dela, sempre terás as portas abertas.

Quen chega antes?. Ma-re-an-tes.

#enceplansocialpontevedra