A ponte da Constitución chea de Rugby

Publicado el 11 de diciembre de 2023, 18:18

No partido dos M16 do Mareantes Rugby Club en Monteporreiro, o Sábado 9, puidemos ver os nosos adolescentes xogando contra Unión do Norte, partido aprazado da terceira Xornada.  Este equipo é unha mestura de xogadores consolidados con outros que están a empezar pero aprendendo moi rápido un rugby de calidade. Os nosos adversarios do Norte teñen un equipazo con rapaces de 3 clubs e adestrados polo gran Alberto, desas persoas que fan un club brillar, xente de compromiso como Alberto necesita o Rugby galego, dámoslle todos as grazas polo seu traballo dende o Escola e Academia do Mareantes.

Os nosos pequenos do M14 gañaron, o Mércores 6 de decembro, o derby local contra o PRC, converténdose en lideres invictos da súa categoría nun campo a rebordar de afeccionados ao rugby pontevedrés con moi bo ambiente nas bancadas.  O dominio Mareante foi claro dende o inicio en tódalas liñas e os pequenos do M12 tiveron minutos para xogar durante toda a segunda parte onde o partido igualouse conseguindo o Pontevedra algúns ensaios nos minutos finais. Estes equipos son os que formarán o futuro do rugby na cidade e temos que coidalos con mimo. Esta é a aposta do Mareantes.

Seguro que podes probar este deporte, é moi fácil, só fai falta ter ganas e achegarche calqueria Luns ou Venres ao campo de monteporreiro a partir das 19 horas ou chamar ao 609347446.

Coñécenos máis en: https://www.mareantesrugbypontevedra.es/el-club-de-rugby-mareantes-pontevedra

Quen chega antes?. MAREANTES

#enceplansocialpontevedra