Hoxe tras unha fin de semana fantástica de deporte oval, atopámonos coa triste noticia do falecemento do Doutor Javier Mareque.
Desde o Mareantes Rugby Club de Pontevedra mandámoslle un sentido abrazo e o noso máximo apoio ás Familias Mareque e Bueno por ser parte da nosa familia rugbier. En especial a Andrés, neto e bravísimo centro do noso equipo M16 xunto a Marisol e Vicky, esposa e filla, como patrocinadores da Academia nas últimas tempadas.
Acompañámosvos na vosa dor e sabedes que sempre estaremos aquí para o que nos necesitedes.
Quen chega antes?. MAREANTES
![](https://primary.jwwb.nl/public/i/x/o/temp-ovnrgqvkexbhgpqnozsv/bgeoqx/image-17.png?enable-io=true&enable=upscale&crop=1080%2C1086%2Cx0%2Cy0%2Csafe&width=155&height=156)
![](https://primary.jwwb.nl/public/i/x/o/temp-ovnrgqvkexbhgpqnozsv/y654vn/imagendewhatsapp2023-12-11alas181405_02c22aba.jpg?enable-io=true&enable=upscale&crop=1600%2C1211%2Cx0%2Cy0%2Csafe&width=271&height=205)