Última Xornada do 2023

Publicado el 14 de diciembre de 2023, 12:41

E chegou a última xornada deste marabilloso ano 2023 para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra, temos dous partidos en casa este Sábado xunto coa viaxe d@s nen@s da Escola a Ourense a gozar do Torneo de Nadal.

 Ás 14 horas teremos en Monteporreiro o “derby “local na categoría M18 entre os blanquinegros do equipo decano e o PRC. Este equipo Mareante reaparece na tempada 23/24 nesta categoría tras moitos anos sen ter presenza, uns aguerridos xogadores pontevedreses moitos deles novos neste deporte xunto con amigos do Ourense e Santiago Rugby enfróntanse ao outro equipo local formado por xogadores moi potentes e con experiencia, “a priori” favoritos para disputar o Campionato Galego. A lóxica mostra que o PRC ten superioridade, pero estamos seguro que o espírito Mareante terá moito que dicir no campo. Na actualidade na clasificación da liga Galega trala 6ª xornada, o PRC atópase 3º e o Mareantes 4º a só 3 puntos.

 Ás 16 horas o noso M16, primeiro na clasificación a estas alturas, enfróntase a un renacido equipo dos amigos do Club de Rugby Coreti Lalín, os dezáns son fieis a un estilo de xogo contundente de dianteira pero ademáis os seus últimos resultados mostran unha fantástica melloría con resultados positivos contra bos equipos. Aínda que o rugby é un deporte de equipo no que ningún xogador por moi bo que sexa pode gañar un partido, queremos facer mención á volta ao oval de Xoel no equipo lalinense, estupendo xogador que nos fará gozar moito a todo o público galego nos próximos anos. O noso equipo presentará algunhas baixas importantes e é responsabilidade do resto de impedir que se noten continuando coa estupenda traxectoria que nos fixo chegar invictos ata aquí.

Os Senior decidiron adiantar o Nadal e o seu partido contra Santiago RC foi aprazado ao ano 2024, volverán con máis forza.

Esta fin de semana, vai facer bo tempo, imos ter bo ambiente nas bancadas e vanse a ver estupendos partidos, anímádevos a subir ou a probar connosco, chama ou escribe ao 609347446 e xa estás dentro.

Quen chega antes?. Mareantes.

www.mareantesrugbypontevedra.es