Crónicas do Mareantes Rugby Club de Pontevedra durante a fin de semana pasada.

Publicado el 19 de diciembre de 2023, 17:00

A Escola con peques ata os 11 anos viaxou a Ourense convidados a participar no I Torneo de Nadal xunto ás escolas de rugby de Santiago RC, CR Lalín e o Ourense RC. Alegría e diversión nunha fría mañá de outono, partidos a tope, nen@s contentos e futuro brillante por diante. Estas concentracións amigables axudan a dar un pequeno espírito de competición a temperás idades dentro dun ambiente san onde o triunfador é o oval.
Os M18 xogaron un apaixonante derby contra o PRC en Monteporreiro. Equipo novo no noso, primeiro ano na categoría con moitos xogadores noveis e outros que nos axudan desde Ourense e Santiago. Actitude intachable na forma e no fondo dentro do campo por ambolos equipos, o marcador mudou ata en dúas ocasións ao longo do partido e terminou nunha última xogada cunha vitoria axustada e celebrada con paixón polo equipo visitante ao que só nos queda darlle o parabén por ese partidazo dos que fan afección.
Os adolescentes trasladáronse a posteriori ao Local do Mareantes onde gozaron conxuntamente dun magnífico 3º tempo. Para nós orgullo de rapaces os que levaron a camiseta blanquinegra con honra.
Os invictos M16, xogaron contra o CR Lalín un partido con xogadores non habituais en posicións novas e 4 M14s que dispoñían da súa primeira oportunidade durante esta tempada. O partido empezou igualado, axustándose as diversas liñas e aos poucos empezou a funcionar a engrenaxe e velocidade que este equipo tennos afeito.
Temos un mes de descanso no M18 para xogar contra UNR un partido clave e o M16 non comeza ata finais de Xaneiro con convocatorias coa Selección Galega no principio do ano.
Terminamos o 2023 con dúas finais axustadas en M14 e M16 a pasada tempada, sendo líderes invictos nesta nova nas mesmas categorías e 5ºs en M18 xunto a máis de 100 nenos na Escola. Algo debemos de estar a facer ben!.. 😉
Chega o Nadal e seguiremos con eventos!
Anímate a probar. Chama ou escribe ao 609347446.
Que chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es