Despedida de ano Mareantes

Publicado el 2 de enero de 2024, 15:57

Como vén sendo tradición no Mareantes Rugby Club de Pontevedra o día 31 máis de 50 membros do Club reuníronse para correr coa camiseta blanquinegra a San Silvestre de Pontevedra do ano 2023. Nenos densde os 6 ata avós de 70 anos contribuíron coa súa presenza a respectar unha tradición que leva asociada unha importante doazón de alimentos para os máis necesitados e que se termina cos “brindes” dos capitáns en nosa casa Club facendo un resumo do ano que remata e pedindo os mellores desexos para o futuro do noso Club. O Nadal xa se atopan na súa recta final, os adesramentos comezan e esperamos que os nosos equipos sigan mostrando o noso espíritu polos campos galegos. Se queres participar non tés mais que chamar ou escribir ao 609347446. Quen chega antes?. MAREANTES