A PASADA FIN DE SEMANA, CON MOITO RUGBY !!

Publicado el 7 de febrero de 2024, 23:49

Aquí tedes as crónicas dos eventos nos que estivo o Mareantes Rugby Club de Pontevedra no derradeiro fin de semana.
Os M14 viaxaron a Acea de Má nun día cun sol magnífico a disputar uns partidillos en formato triangular co CRAT da Coruña e o Club Rugby Ferrol, é a 1ª vez que un equipo do Sur reuníase nesta tempada cos amig@s do Norte. Estes incipientes rugbiers demostraron carácter no campo, intensidade e víronse bos partidos, o Mareantes RCP impúxose en ámbolos amistosos pero existe unha gran progresión en tódolos equipos que hai que ter en conta para esta fase final de Liga. Que dicir do 3º tempo ofrecido, espectacular!. Grazas por un día magnífico.
Nun apartado temos que destacar a colaboración conxunta en apoio á campaña solidaria da Asociación Española contra o Cancro, nosos rapaces portando as “cintas de esperanza” para a visualización desta enfermidade que nos pode afectar a todos e que conmemora esta loita infatigable o día 4 de Febreiro.
Estes mesmos nen@s viaxaron o Domingo a Estrada para un adestramento previo ao CESA XV desta categoría, é importante que ademais de competir no terreo de xogo cos seus respectivos clubs sexan colegas no campo xa que a unión fai a forza.
Parte dos xogadores M16 e M18 desprazáronse a dous adestramentos preparandos á última xornada do CESA XV das súas respectivas categorías. O M16 disputará a Final contra Aragón e o M18 o 3º/4º posto contra Navarra o 24 de Febreiro nun lugar aínda por determinar. Os nosos xogadores sempre a tope!.
Os Senior xogaron na nosa casa de Monteporreiro contra o Fendetestas, un equipo con moitas baixas o noso, disputaron un aguerrido partido onde perderon, pero progresouse na nosa forma de xogar para tentar alcanzar o noso obxectivo de fin de tempada.
Gran terceiro tempo no noso Local (@el_local_) a posteriori vendo o emocionante partido entre Gales vs Escocia cunha boa fabada, bebida, moitas risas e compañeirismo cos mozos e familias das Pontes máis otros Socios do Club que se achegaron.
Como sempre dicimos, achégate a vistarnos, no Mareantes Rugby Club de Pontevedra serás ben recibido, non te arrepentirás.
Quen chega antes?. MAREANTES.

@contraelcancer.ponteved

@el_local_
www.mareantesrugbypontevedra.es