DEIXAMOS ATRÁS UNHA FIN DE SEMANA ESPECTACULAR PARA O RUGBY PONTEVEDRÉS CON MAREANTES RC

Publicado el 12 de febrero de 2024, 16:53

Fin de semana plena de Vitorias na Academia do Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
O M14 disputou fronte ao Vigo Rugby Club a penúltima xornada da liga Regular cunha vitoria cómoda, estes rapaces progresan adecuadamente e aínda que a aprendizaxe é continuo con moito que progresar, pecharon a Acta en todolos partidos disputados esta tempada, isto non acabou pero a traxectoria é a correcta,
O noso M16 desprazouse a Lugo o Sábado pola tarde para xogar a primeira xornada da liga Final contra Unión do Norte. Estes últimos presentáronse ao partido con algunha baixa importante o que axudou a que o Mareantes Rugby conseguise volver a Pontevedra cunha cómoda vitoria, aínda que o campo pesado fixo efecto na forma física dalgún dos nosos xogadores que poden estar fóra de xogo por un tempo. O vindeiro domingo xógase unha partido clave contra Vigo RC que ven de ganar ao CRAT na casa para poder dilucidar onde se atopa o equipo ao final de tempada antes dos cruces.
O M18 e os seus compañeiros de Ourense e Santiago RC con tres M16 desprazouse a Villagarcía para xogar contra Os Ingleses, Partido no que se tivo moi boas sensacións xogando un gran rugby e mostrando a estupenda progresión deste equipo, gañouse por 14-50, só queda crecer.
A semana que vén segue a liga e os partidos disputaranse o Sábado co noso equipo Senior e o Domingo en casa cos M16-M14 en Monteporreiro contra Vigo e Santiago-Ourense RC,
Apeteceríache xogar ao Rugby en Pontevedra?. O Mareantes RCP é o teu sitio. Escribe ou chama ao 609347446.
Quen chega antes?.MAREANTES