O rugby internacional e os nosos Seniors foron os protagonistas do Sábado 24, os partidos das VI Nacións tiveron unha gran acollida no noso Local Social e os nosos maiores xogaron un emocionante partido contra o Santiago RC. Os blaquinegros melloraron moito nesta parte final de Liga e chegaron a estar por diante no marcador a comezo da segunda parte cun 13-5, despois chegou a resposta dos amigos santiaguinos alcanzando o 16-24 final que mostra o competido e interesante que estivo o partido.
O Domingo o ceo abriuse sobre as nosas cabezas, una enorme cantidade de choiva e vento apareceu na Concentración de Escolas de Rugby de Galicia que organizamos nos campos do Manolo Barreiro en Pontevedra, as dificultades do día que foron inmensas compensáronse coas caras de alegría que tiñan os pequenos galegos ao xogar ao deporte que máis lles gusta e ao esforzo inmenso que puxo toda a familia Mareante en que todo saíse adiante.
#enceplansocialpontevedra
Foi un acto con moitas complicacións na que sen dúbida o mellor foron eses equipos de rugby con xogador@s, monitor@s e entrenador@s que mostraron á sociedade a fortaleza que dá o rugby, quedándose durante toda a mañá a xogar e a veracidade do refrán popular: “ Ao mal tempo, boa cara”. Sempre hai alguén que se queixa sen dar solucións e non axuda pero a maoría sabemos o esforzó posto por voluntarios nesta labor. Grazas a tod@s!.
A 400 quilómetros 6 Mareantes disputaron os últimos partidos do Campionato de España de 2ª División, conseguindo unha magnífica vitoria os nosos M16 con dous ensaios de xogadores do Mareantes sendo o primeiro da clasificación coa que optan a subir a Primeira Nacional e un fantástico terceiro posto do equipo M18 no partido con incidentes que se xogou contra Navarra.
Enormes.
Quen chega antes? MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es
#enceplansocialpontevedra