RECTA FINAL

Publicado el 7 de marzo de 2024, 9:56

A Liga Galega de Rugby está na súa recta final e o Mareantes Rugby Club de Pontevedra estará presente na mesma coa súa Academia e equipo Senior.

Os M14 viaxan a As Pontes o Domingo a disputar a ida da semifinal contra Unión do Norte como líder do grupo Sur na fase regular. O obxectivo é asegurar un resultado favorable previo ao partido de volta en casa coa ilusión que teriamos por xogar a terceira Final consecutiva nesta categoría.

Os M16 desprázanse o Sábado ao precioso campo da Torre na Coruña para xogar o último partido da liga regular contra o CRAT e coa primeira posición xa asegurada. Partido o noso con baixas importantes, feito para gozar, que xoguen os de primeiro ano e tentar facer un bo rugby contra un magnífico adversario que é sen dúbida outro dos aspirantes ao triunfo final.

Os M18 desprázanse a Ourense para xogar tamén o último partido da tempada regular contra Club de Rugby Ferrol. O Mareantes/Ourense/Santiago RC M18 é un equipo milagre que nos deu grandes alegrías e que por moi pouco non chegou a estar na fase de loita polo campionato na súa primeira tempada, o que é un éxito sen precedentes. Este equipo vai dar moitas alegrías nos próximos anos. Grazas a Ourense e Santiago Rugby Club por acompañarnos nesta viaxe.

Os Senior desprázanse a Lalín con moitas baixas, este fin de tempada está a facerse longa pola terceira volta que se engadiu á liga. Un equipo experimentado co único obxectivo de gozar xogando ao rugby xunto cos xogadores do Vigo RC que nos acompañan cada semana, e servir de referencia aos máis de 100 nen@s da nosa Escola.

E non vos perdades o gran evento da próxima semana co XII Festival de San Patricio que se celebrará na Praza de España da Boa Vila de Pontevedra organizado polo Mareantes Rugby Club de Pontevedra que é parte fundamental de cada tempada. Música en directo, comida, bebida, rugby e diversión espéranvos.

Estes últimos días estamos a ter novos xogadores nos nosos equipos, co que está a chover, ti podes ser outro, chama ao 609347446.

Quen chega antes?.MAREANTES.

#enceplansocialpontevedra

www.mareantesrugbypontevedra.es