FIN SE SEMANA CON LUCES E SOMBRAS PARA O MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA

Publicado el 11 de marzo de 2024, 10:28

FIN SE SEMANA CON LUCES E SOMBRAS PARA O MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA

Fin se semana con luces e sombras para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra, así é o deporte xa que ou se gaña ou se aprende, e nós estamos a aprender.

O noso M14 puxo de fronte a eliminatoria da semifinal da súa categoría gañando nun gran encontro de ambolos equipos en O Poboado das Pontes. Moi bo grupo o de Unión do Norte cunha dianteira poderosa que apertou durante todo o partido con forza e bo xogo. A eliminatoria decidirase o 24 de Marzo na nosa casa de Monteporreiro. Estes rapaces nosos xogan estupendamente, aínda que hai moitas cousas que mellorar sobre todo no aspecto defensivo para continuar coa progresión que necesitamos.

 Os M16 viaxaron A Coruña para disputar o último partido da liga Regular contra o CRAT co liderado do grupo xa asegurado, houbo baixas e falta de intensidade nos nosos, o partido foi igualado ata o comezo da segunda parte onde nos deixamos ir , perdendo claramente contra un mellor CRAT nesta fin de semana, abandoando  a imbatibilidade desta tempada. Agora toca recompoñerse para disputar a semifinal a partido único contra o cuarto clasificado, Unión do Norte o día 24 na casa.

Os M18 xogaron un partido como Local  no campo dos nosos compañeiros do Universidade de Ourense Rugby e xunto a Santiago RC disputaron un emocionante partido contra o Club de Rugby Ferrol, fomos por detrás case todo o partido pero ao final a alma do equipo sacou peito e remontou no último cuarto conseguindo unha vitoria que dá a 5ª praza a este equipo milagre, un orgullo para todos.

Os Senior viaxaron a terras dezanas cun equipo mermado, aínda así a diversión dos que participaron foi patente, esta parte da tempada é dura polas baixas, algo temos que mellorar. Aínda que disfrutamos a volta aos campos de Miguel “Negro” Tascón, un crack.

A fin de semana que vén temos San Patricio (@sanpatriciopontevedra) , un partido dos nosos M16 contra os nosos grandes amigos do  Ñandú Tenerife Rugby Club (@nandurugbytenerife) dos M16 e a concentración de Escolas en Ferrol. NON PARAMOS.

Interesd@?. Chama ou escribe un whatsapp ao 609347446.

Quen chega antes?. MAREANTES

 www.mareantesrugbypontevedra.es