INTENSA FIN DE SEMANA DE SAN PATRICIO PARA O MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA

Publicado el 19 de marzo de 2024, 14:21

Sen esquecernos nunca do inmenso pesar que temos pola perda de Chris para o noso club, estamos seguros que querería que continuásemos cun sorriso na car acoma a del,  facendo o que está escrito no noso obxecto social, simplemente ensinar a xogar ao rugby e fomentar a unión do Club desde os máis veteranos ata os nosos pequeñajos. Cremos que conseguimos seu desexo sen dúbida!; vai por ti Chris.

O sábado tivemos a visita dos nosos amigos do Ñandú Tenerife Rugby Club comandados polo gran Mendoza. Formouse un interesante grupo M16/M18 onde os canarios demostraron unha tremenda forza física e unha moi bo calidade técnica individual. Ao Mareantes Rugby Club custoulle avanzar no marcador e aprendeu a enfrontarse a contrarios corpulentos e moi rápidos. Na segunda parte os equipos mesturáronse e gozaron do oval, todo iso aderezado cun estupendo Terceiro Tempo na nosa carpa para agasallar a visita deste equipo xa amigo para toda a vida.

O Domingo tivemos o fin de festa onde a familia Mareantes xuntouse nunha comida para premiar o esforzo que supuxo organizar este XII Festival de San Patricio que como sempre foi un éxito para o Club.

Chámanos ao 609347446 se queres unirtee!.

Quen chega antes?. MAREANTES

www.mareantesrugbypontevedra.es

#enceplansocialpontevedra