TÓCANOS LUGO AO MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA

Publicado el 18 de mayo de 2024, 10:31

Como é tradición nunha data tan significativa como o Día das Letras Galegas, mañá xóganse as Finais da Copa Xunta de Rugby 7s coma tódolos anos. Os nosos equipos M16 e M18, este último xunto a Ourense e Santiago RC están clasificados para as mesmas e como sempre iremos divertirnos e dar un pouquiño de guerra no campo. A fin de semana complétase na cidade amurallada co III Foro do Rugby Galego no cal se debate sobre o presente e futuro na nosa Rexión de este o noso deporte. Imos achegándonos ao fin de tempada pero no Mareantes Rugby Club quédannos moitas cousas máis!. Non nos podemos esquecer da axuda inestimable que o Plan Social Ence  (#enceplansocialpontevedra) presta ao noso Club e á nosa Escola de Rugby, estas axudas de empresas privadas no seu parte social son indispensables para que clubs humildes como o noso sigan funcionando e axudando ao desenvolvemento deportivo dos nenos e nenas de Pontevedra. Quen chega antes?. MAREANTES #enceplansocialpontevedra 

https://ence.es/mas-de-300-proyectos-resultan-beneficiarios-del-plan-social-de-ence-pontevedra/