O MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA TEN A INMENSA SORTE DE PODER GOZAR O RUGBY EN TÓDOLOS ASPECTOS

Publicado el 29 de mayo de 2024, 11:10

Esta fin de semana a nosa Escola de Rugby recibe ao Instonians Rugby Football Club de Belfast. O Instonians é un club fundado en 1919, equipo fundamental da Irlanda do Norte con máis de 31 membros que xogaron na Selección nacional absoluta de Irlanda e con 7 British ¬ Irish Lions na súa historia.

É a segunda vez que visitan a Boa Vila de Pontevedra para transmitir a filosofía dun club de Rugby e estamos a esperalos cos brazos abertos para que gocen da nosa compañía a paseen porlas nosas rúas.

Os nenos do “Inst” viaxarán o  Sábado cos nosos M12 e M14 ao III Torneo internacional Santa Rita de Villagarcía onde se medirán a equipos españois e portugueses grazas á magnífica oportunidade que brindan os nosos compañeiros de Os Ingleses xunto coa FGR.

Mañá os M16 viaxan ao Torneo Nacional de Rugby que se disputa en Valladolid esta fin de semana, enfrontaranse nun torneo coa presenza dos mellores 55 Clubs de España e máis de 2.000 xogadores, unha experiencia vital para estes guerreiros das que non se olvidan e que a van a gozar sen dúbida.  Ademais viaxaremos compartindo autobús e noites cos nosos amigos do Vigo Rugby Club, os finalistas da liga Galega viaxan xuntos esquecéndose de rivalidades rexionais para mostrar ao resto os valores da nosa competición.

Non nos esquezamos que os M16 tiveron un magnífico resultado e quedaron segundos na Copa Xunta da pasada fin de semana perdendo a final contra o CRAT e os nosos M18 cuartos no seu primeiro ano de competición.

Non se pode pedir máis. Unete ao movemento do Mareantes Rugby Pontevedra. Quen chega antes?. M-A-R-E-A-N-T-E-S.

www.mareantesrugbypontevedra.es #enceplansocialpontevedra

@instonians_rfc@

 @seahorsesminirugby

@ingleses.rc

@santarita_rugby7

@vigorugbyclub

@fegarugby