E O RUGBY 7S CHEGOU AO MAREANTES RUGBY CLUB DE PONTEVEDRA COA COPA XUNTA 23/24!.

Publicado el 7 de mayo de 2024, 11:02

Os nosos tres equipos de Academia viaxaron a Coruña e Vigo o Sábado pasado para participar na xornada clasificatoria deste ano, onde os 4 mellores equipos de Galicia clasificaríanse para xogar as Finais en Lugo o 17 de Mayo, día das Letras Galegas, como xa vén sendo tradición. O tempo non acompañaba!

Os M14 e M16 viaxaron A Coruña cun resultado desigual.

 Os M14 con baixas moi importantes na liña de ¾ atopouse cun grupo potente e non puido manter a imbatibilidade desta tempada no Rugby XV, perdeu pola mínima contra Vigo e claramente contra Ferrol polo que agora descansarán ata o Torneo Santa Rita do 26 de Mayo, tentando mellorar o xogo de 7s que lles custou despregar no campo de pequenas dimensións da Torre de Hércules. Parabéns aos clasificados!.

Os M16 comezaron xogando contra o equipo de casa, o CRAT campión do ano pasado, partido disputado, gañado polo Mareantes por unha escasa marxe. Tras este inicio complicado, o xogo dos blanquinegros foi mellorando terminando a xornada invicto e líder do seu grupo o que lle dá acceso ás finais.

Os nosos heroes M18 viaxaron escasos de xogadores a un CUVI cunhas condicións meteorolóxicas moi adversas para a disputa do rugby. O equipo formouse xunto a xogadores de Ourense e Santiago RC como na tempada regular.

O torneo clasificatorio xogábase nunha modalidade de liguiña contra todos os equipos apuntados. A xornada empezou fenomenal , onde os blanquinegros gañáronlle ao PRC o outro equipo de Pontevedra, despois houbo vitorias contra Ingleses e Ferrol que se uniron a derrotas contra Muralla e o todopoderoso Vigo, o que conseguiu alcanzar un merecido terceiro posto e acceso ás finais de campionato. PARABÉNS!.

Gran xornada para o Mareantes RC de Pontevedra, bo resultado para os nosos maiores e gran aprendizaxe para nosos peques do M14 que sairán reforzados para o futuro. Quen chega antes?. MAREANTES

www.mareantesrugbypontevedra.es  # enceplansocialpontevedra