O RUGBY PONTEVEDRÉS SACA MÚSCULO

Publicado el 6 de mayo de 2024, 13:31

A fortaleza do rugby pontevedrés é xa unha realidade. Así o demostraron o M14 do Mareantes RC e o equipo sénior feminino do Pontevedra RC ao proclamarse a pasada fin de semana campións galegos das súas ligas. Un éxito que se estende ao feito de que os M18 do primeiro club e os M16 do segundo alcanzasen tamén as súas respectivas finais. Así, todas as categorías fóra da sénior masculina contaron con representación pontevedresa na loita por alzarse co título autonómico. Un feito que confirma o crecemento do presente e a proxección de futuro do rugby na Boa Vila.