Que final de liga M16 vivimos este finde contra o Rías Baixas! 😮 Un encontro pechado, vibrante, daqueles que fan afección. Os nosos Mareantes loitaron cada balón, sumando 4 ensaios e dúas transformacións que nos fixeron vibrar. ⚡
Cun resultado final moi axustado que o di todo :
27 Rías Baixas R.C.
24 Mareantes R.C. Pontevedra
Hoxe toca poñer en valor o esforzo destes xogadores que, mesmo con importantes baixas , demostraron o que é o espírito Mareantes: garra, compañeirismo e loita ata o final. 👏 O club está inmensamente orgulloso de vós!
A nosa noraboa tamén ao Rías Baixas Rugby Club, xusto campión nun partido de altísimo nivel. 🤝
A tempada non remata aquí! O rugby galego segue vivo e con moitas ganas de máis.
Quen chega antes ?
MAREANTES !!!
#Mareantes #RugbyPontevedra #M16 #FinalLiga #TraballoEnEquipo #EnhoraboaCampeón
#enceplansocialpontevedra
www.mareantespontevedrarugby.es