Fin de semana de Rugby

Publicado el 7 de abril de 2025, 12:04

No Mareantes atopámonos cunha fin de semana sen Rugby, isto no pasa dende fai moito tempo.
Que tempada estamos a vivir!.
É momento de lembrar o paso á final da liga Galega do noso equipo M16 o pasado domingo onde se xogou un gran partido contra os nosos compañeiros de Vigo Rugby Club.
Partido igualado ata o final que caeu ao lado do Mareantes nos últimos compases. Un gran parabén témoslle que dar ao equipo olívico que creceu moito durante a tempada, facendo un gran xogo ata o final. Sentimos a lesión de Carlota, ala de Vigo, durante o partido e desexámoslle unha pronta recuperación.

O M16 enfrontarase ao Rias Baixas RC a próxima fin de semana na Coruña, aínda que con baixas importantes sabemos que o equipo o dará todo como sempre, leste é o terceiro ano consecutivo que o Mareantes chega á final desta categoría o que é un orgullo para este club.
Os nosos Senior desprazáronse ás Pontes na mesma data para disputar a Semifinal da súa división da liga Senior Maculina. O equipo de Mareantes/Barbanza RC comezou un pouco descoidado en defensa o que permitiu que o Fendetestas collese unha vantaxe inicial que, aínda que se apertou ao final foi demasiada para lograr a vitoria. Unha boa tempada no seu conxunto que lle faltou a guinda final.
Esta fin de semana hai entrenos da Selección Galega M14 mixto e M16 masculino e femenino onde o Mareantes Rugby Club ten diversos xogadores/as nas tres categorías, outro gran éxito.
Os entrenos continúan, se queres formar parte desta familia chama ao 609347446.

Quen chega antes? . MAREANTES