Os nosos cachorros fanse maiores...
Sergio Rial, unha das perlas da canteira blanquinegra, habitual da selección galega m18 e recentemente ascendido a categoría senior na presente tempada deunos unha alegría con toque de nostalxia, e é que é flamante nova fichaxe da U.E. Santboiana, club decano do Rugby nacional.
Unirase así ao equipo m23 para disputar a liga emerging, aínda que o seu debut produciuse fai un par de semanas en partido amigable contra o histórico club arxentino Hindú RC que fixo parada en Sant Boi na súa xira europea.
Esta pasada fin de semana formou parte da convocatoria co senior de DH autonómica VS outro clásico do rugby catalán, o Barça Rugby, conquerindo unha clara Vitoria e o pase as semifinais autonómicas.
Sergio, voa alto, e defende con orgullo as túas novas cores, orgullo... blanquinegro.

