Fin de semana de Final no Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
O noso M18 trasladouse ao CUVI para xogar a Final da Liga Galega da tempada 24/25 contra o actual campión, o Vigo Rugby Club.
O Mareantes comezou dominando o partido na primeira parte chegando con vantaxe ao descanso, pero unha serie de erros na segunda metade fíxolle dar a volta ao marcador ao equipo Local que lle permitiu conseguir a vitoria definitivamente.
Moi orgullosos dos nosos rapaces que cremos que se gañaron o respecto dos afeccionados nun durísimo partido onde se mostra o futuro máis próximo do rugby galego.
Grazas a Vigo Rugby, grandísimo Club, por acollernos na súa casa e a todos os afeccionados que se desprazaron desde Pontevedra para apoiarnos!
Grazas a Bertram e Fran polas fotografías!.
Pero sobre todo Grazas aos 24 xogadores que nos permitiron gozar desta tempada, especialmente a aqueles que non puideron xogar a final polas circunstancias do encontro pero que sempre están aí, haberá máis oportunidades.
TODOS SOMOS O MAREANTES!
Quen chega antes?. MAREANTES
Fotografías
https://photos.app.goo.gl/PXW8f2EQhm13tKYn9
https://photos.app.goo.gl/iHcmmn3TbyxvgU6q7
Video.
https://youtu.be/-nwlDqKA0Nk
www.mareantesrugbypontevedra.es
#enceplansocialpontevedra
Fin de semana de Final no Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
« Convenio Ence Os nosos xogadores fanse maiores »