Este sábado, o Mareantes Rugby Club viviu unha xornada chea de emoción, risas e rugby de calidade en cada unha das categorías. Comezamos destacando aos nosos pequeñ@s rugbiers, que demostraron todo o seu talento no desprazamento a Lugo. Foi unha mañá especial, chea de alegría e bo rugby. Sen dúbida, os nosos M12 están a mostrar un gran nivel, e algo especial está a acontecer neste equipo. O noso traballo é coidalos e apoiarlos no seu crecemento, para que sigan avanzando na dirección correcta. Grazas ao Muralla RC pola súa impecable organización do evento.
M16 foi o seguinte en desprazarse a Villagarcía, onde disputaron un encontro cheo de emoción contra o Rías Baixas. A pesar de que o equipo local dominou o xogo, pechando ben en defensa e dificultando o desenvolvemento do noso xogo ordenado, os nosos xogadores non deixaron de pelear. O marcador final de 15-5 reflicte o nivel de competitividade do partido. A nosa análise é clara: necesitamos dar ese toque de orde para mellorar o noso xogo e conseguir resultados máis positivos. Neste sentido, tamén debemos destacar o Terceiro Tempo organizado polos nosos amigos de Ingleses, que foi a ocasión perfecta para celebrar o novo socio nº 1 do Club, o gran "Capi" Lemos, a quen tivemos o pracer de entregar o seu carné de socio.
Os M18 tiveron a oportunidade de xogarse un importante partido na casa contra o Unión do Norte, un equipo que demostrou un rugby vistoso e ben posicionado no campo. A pesar da súa calidade, o equipo de Mareantes soubo estar á altura, e o resultado foi favorable para nós, continuando a melloría que vimos observando nos últimos adestramentos, como o realizado co Oviedo RC. Este triunfo afianza a nosa segunda posición antes das Semifinais de Liga. A boa nova chegou tamén cos xogadores sancionados, que se recuperan para seguir dando guerra. De feito, foi unha grande alegría ver a Manucho xa recuperado, e sen muletas, de volta ao campo.
No equipo Senior, o Mareantes viaxou a Culleredo para enfrontarse ao Zalaeta. O partido, moi disputado, foi unha auténtica lástima ao perderse case na última xogada. Este final de liga está sendo complicado para o noso equipo senior, especialmente despois das vacacións de Nadal, cando os adestramentos non se traduciron nas melloras que todos esperabamos. Non obstante, seguimos traballando e confiamos nas nosas posibilidades.
E non esquecemos que seguimos coa nosa xornada de portas abertas, para todos aqueles que queiran achegarse ao rugby e formar parte da nosa familia. Se estás interesado, só tes que chamar ao 609 347 446 ou escribirnos. Non deixes pasar a oportunidade de formar parte desta grande familia.
Quen chega antes? Mareantes.
🌐 www.mareantespontevedrarugby.es
#animomanucho #enceplansocialpontevedra #mareantesrc #rugbypontevedra #formandoequipo




