Fantásticos resultados esta fin de semana para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
A única pequena espinita foron os nosos M14 que con baixas importantes de segundo ano empezaron durmidos no primeiro partido do Sábado contra Ingleses en Vilagarcia o que fixo que a mellora na segunda parte chegase tarde. Aínda así o traballo de Andrés e Cristobal con estes nen@s é espectacular e aos poucos irán saíndo os resultados.
Os M16 xogaron por segunda semana consecutiva contra o Rias Baixas RC en Monteporreiro. Un partidazo de ambolos equipos que amosa que a competición este ano vai ser moi rifada.
O partido do Mareantes baseouse en seriedade defensiva e empuxe da súa dianteira mentres o Rias Baixas expuxo nesta ocasión un partido máis táctico que os permitiu estar preto no marcador de maneira continua. A vitoria final esta vez foi do Mareantes o cal sacou tamén un punto bonus ofensivo que lle fai estar líder momentáneo na Competición, quedan moitos bós encontros de estos dous no futuro.
Os M18 viaxaron a Santiago para xogar contra Santiago/Ourense/Lalín RC, esta vez si que cun equipo máis completo ao recuperar ao fin a varios sancionados e lesionados. Partido xogado a arrancadas por ambols Clubs que non supón ningún cambio na segunda fase da Competición. O Mareantes Rugby Club de Pontevedra xogará a semifinal de Liga en Monteporreiro o 8 de Marzo contra Unión do Norte Rugby Club.
Os Senior xogaron nada mais terminar o partido anterior contra o Santiago RC, como os M18 esta vez se viaxou un equipo completo desde Pontevedra e Rianxo. Os maiores xogaron un partido serio tanto defensiva como ofensivamente o que demostra esa melloría tan necesaria a fin de tempada, o cal terminou en vitoria do Mareantes/Barbanza .
Ademais houbo moito rugby no Local durante o finde, partidos de VI Nacións na televisión culminados cunha paella o Domingo para facer Familia E Club.
Queres unirche ou probar?. Fácil!.. chama ou escribe ao 609347446
Fantásticos resultados esta fin de semana para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
« Fin de semana competida do Mareantes Rugby Club de Pontevedra. Recta final da tempada 24/25: ilusión, compromiso e futuro para o Mareantes RC »