Fin de semana de rugby
- M14. PRC- Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
Domingo 19 ás 12:30 pm. Campo de rugby Monteporreiro. Pontevedra
Emocionante “derby” pola cuarta praza na liga contra os nosos veciños da Boa Vila, seguro que haberá bo rugby e ambiente nas bancadas. Equipo en crecemento con moitos xogadores novos, moita ilusión e ganas. É unha gozada a gran afección ao rugby que existe na nosa cidade sendo a única en Galicia con dous equipos nesta categoría.
- M16. Santiago Ourense Lalín RC- Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
Sábado 18 ás 16:00. Campo de rugby USC. Santiago de Compostela.
Os nosos M16 están empatados no primeiro posto cos Ingleses de Vilagarcia, partido importante de volta de vacacións en Santiago para coller o ritmo e prepararse para o último da primeira fase onde se verán os dous equipos máis en forma do campeonato para decidir o campión de inverno.
- M18. Santiago Ourense Lalín RC- Mareantes Rugby Club de Pontevedra.
Sábado 18 ás 18:00. Campo de rugby USC. Santiago de Compostela.
Último partido da primeira fase co segundo posto xa asegurado, o equipo atópase con importantes baixas por diversos motivos polo que é un partido estupendo para dar oportunidades con moitos minutos aos xogadores noveis e que collan esa experiencia necesaria contra un gran rival e se gañen un posto no equipo. A semana que vén empeza a poñerse as cousas serias co comezo da segunda fase.
- Senior. CR Fendetestas – Mareantes/Barbanza Rugby Club.
Domingo 19 ás 12:00 pm. Campo de rugby Ou Poboado. As Pontes.
Os nosos Senior atópanse cun enorme numero de baixas e ausencias que fará moi complicado a loita contra a dura dianteira de Fendetestas, partido importante para recuperar a forma neste comezo da segunda volta.
Quen chega antes?. MAREANTES.
www.mareantespontevedrarugby.es
#animomanucho
#enceplansocialpontevedra