A sétima xornada de Liga tróuxonos dous grandes partidos para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra en categorías moi dispares.

Publicado el 14 de enero de 2025, 13:06

O Sábado os nosos pequenos da Academia, os M14, demostraron a súa progresión en tódalas facetas de xogo ante o Santiago Ourense Rugby Club. ( @santiagorugbi y @ourenserugby ).

O M14 deste ano está formado por un número importante de novos xogadores que van aprendendo día a día na dirección correcta, teñen a difícil tarefa de ser o herdeiro dun equipo que dominou a liga o ano pasado e estano facendo fenomenal.
A destacar é o compromiso e dedicación que están a dar os nosos M12 nun equipo de categoría superior; son o futuro deste equipo.

Unha poderosa dianteira do Mareantes levou polo aire ao equipo fronte a un bo rival que nunca deu o partido por perdido, terminando o día no Local do Mareantes (@el_local_) nun fantástico Terceiro Tempo xunto aos nosos amigos e familiares.

Os maiores do Senior enfrontáronse ao Santiago Rugby Club ( @santiagorugbi ) o domingo, equipos que se coñecen á perfección. Viviuse un partido intenso en Monteporreiro, con importante presenza nas bancadas, nun día primaveral pero con numerosas baixas previas e varias lesións durante o mesmo.

A volta á competición antollouse complicada e o resultado final foi de 15 a 30 a favor dos visitantes, que quentan máis se cabe a LGR2.

Agradecemos en particular a El Patio de Valle Inclán ( @elpatiodevalleinclan ) o seu patrocinio ao clube e regalarnos un estupendo plato de pucheiro que degustamos en compañía dos nosos amigos santiagueses. O restaurante situado na Praza das 5 Calles é un estupendo lugar para tapear, comer ou cear no centro da Cidade Vella da Boa Vila de Pontevedra a carón do noso Local da Rúa San Nicolás.

Outra marabillosa noticia é que Manucho xogador M18 gravemente lesionado a principios de tempada xa deixou atrás as muletas e empeza a poder levar unha vida máis ou menos normal, alegrámonos unha chea.
#animomanucho.

Nestes días viñeron xa algúns novos xogadores a probar o rugby á Academia de Mareantes e estamos a preparar a próxima concentración de Escolas de Rugby de Galicia en Pontevedra. Momento fantástico para unirte, só tes que chamar ao 609347446.

Quen chega antes?. MAREANTES