@s grandes “guerreir@s” da Escola viaxan ao CUVI o Sábado pola mañá convidados polo @vigorugbyclub á Concentración de Escolas de Rugby de Galicia da @fegarugby, estamos seguros que como todo o que fan os olívicos o día será un éxito dentro e fora do campo.
Pola tarde toda a nosa Academia enfróntase na nosa casa de Monteporreiro a respectiva dos departamentais do @clubrugbyferrol.
Empezamos cos M14 ás 14:30, continúan os M16 ás 16:15 e terminan xa de noite os M18 ás 18:00. Xornada importante para o Club en todalas categorías xa que é un día crave para afianzar as posicións na táboa e empezar a albiscar como será a segunda fase da liga.
Os nosos Senior xunto co @barbanzarugby enfróntanse ao renacido @zalaeta.rugby.arteixo no campo de Santa Lucía en Rianxo o Domingo ás 11:00 am, non queremos deixar esta oportunidade para felicitar aos de Arteixo, equipo fundamental no rugby galego dende o 1982, polo gran traballo realizado tanto na canteira como no seu equipo senior nos últimos tempos que lle permitiu ensamblar un gran conxunto que segue dando moita guerra polos campos de Galicia.
Está a acabar un gran 2024 para o Mareantes Rugby Club de Pontevedra, nesta época festiva non deixar de vir polo noso club social aberto a todolo público na Rua San Nicolás durante as noites do Venres e Sábado, moito rugby e bo ambiente no @el_local_
Se ademais queres probar algo novo no 2025… apúntadevos a probar na nosa Escola/Academia ou Equipo Senior de rugby, se es un mozo ou moza entre 4 a 65 anos.. este é o teu deporte. Chama ao 609347446 ou sobe a un adestramento o L ou V a partir das 19 horas ao Campo de Monteporreiro.
Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantespontevedrarugby.es
https://app.gs360play.com/
#animomanucho
#enceplansocialpontevedra