@s peques tiveron unha estupenda mañá de Sábado en Acea dá Ma na III Concentración Anual de Rugby Galego , partidos divertidos e moita acción que lles fará crecer neste deporte do oval; como gustan estas xornadas.
Os M14 viaxaron a Vigo realizando un bo partido, este novo e inexperto equipo vai crecendo día a día, se notan as melloras continuamente , rematou cunha derrota ante un mellor Vigo RC pero que nos fai ter moita ilusión no traballo dos adestradores con estes rapaces.
Os M18 fixeron un partido de menos a mais frente a un gran Union do Norte, en Lugo os "norteños" demostraron o seu potente xogo á man e as ideas claras, sen dubida serán candidatos para optar a fase final coma o ano pasado. A dianteira Mareante mellorou na segunda parte e fíxose co control tras unha apertada e dura primeira metade.
Os M16 viaxaron ás Pontes o Domingo con baixas importantes na terceira liña e os tres cuartos, o partido fíxose longo para os locais pero destacaron as súas mozas facendo un papel reseñable e sobresaindo no equipo pola sua entrega. O Mareantes gañou mantendo a súa imbatibilidade e empata con Os Ingleses no primeiro posto; gran partido espéranos en xaneiro.
Os Senior prepáranse esta fin de semana xunto aos seus compañeiros de Barbanza para disputar o derby pontevedrés este Domingo, o PRC atópase lider e o Mareantes/Barbanza é segundo, vai ser un partido divertido de segunda volta, non o perdas o Domingo ás 12:15 no Campo de Monteporreiro.
Chegan o Nadal e estás aburrido, unete ao Mareantes, chama ao 609347446.
Quen chega antes?.
Mareantes