Tivemos rugby fóra de casa nas categorías M18 e Senior.
Os M18 viaxaron o Sábado pola mañá a Vilagarcía a xogar contra o Rias Baixas, estadio magnífico, ambiente nas bancadas e un tempo fenomenal para disputar un encontro máis competido do que reflicte o marcador. Tentamos sempre mellorar en cada encontro o que nos obriga sempre a xogar con intensidade e intelixencia. Víronse brotes verdes e os novos xogadores están a axustarse moi ben á rutina do equipo. Despois os nosos compañeiros de Os Ingleses convidáronnos a un bo terceiro tempo no seu Local onde se manteñen as tradicións que deben perdurar no rugby.
Pola tarde os nosos Senior xunto Barbanza Rugby Club viaxaron á capital de Galicia para xogar contra Santiago Rugby Club. Dous equipos que se coñecen moi ben, partido duro e disputado que fixo as delicias dos participantes, o equipo de Mareantes/Barbanza gañou ao final véndose os avances que estamos a conseguir durante as últimas semanas nos entrenos conxuntos.
Os M16 viaxaron á Estrada para adestrar coa selección galega da súa categoría e os M14 participaron no IGR o Sábado.
Más non se pode pedir.
Estamos moi contentos que Manucho, o noso M18 lesionado na primeira xornada, xa puido volver ao Instituto e aos poucos vai recuperando a súa vida normal.
Se queres xogar ao Rugby en Pontevedra, este é o teu Club. Chama ao 609347446.
Quen chega antes?. MAREANTES.
www.mareantesrugbypontevedra.es
#animomanucho
#enceplansocialpontevedra

