Mareantes RC xoga

Publicado el 20 de octubre de 2024, 13:58

Todolos equipos do Mareantes Rugby Club de Pontevedra tiveron actividade esta fin de semana e aquí é cando o Club únese para facer que a máquina funcione: adestradores, delegados, médicos, nais, pais e amigos únense para participar nas viaxes, coidar aos nen@s, organizar Terceiros Tempos, xestionar material, dar asistencia médica ou sacar fotos entre moitas outras cousas, sen vosotr@s non é posible ter un Club como o noso. Grazas.
Empezamos cos guerreiros M6-M8-M10 e M12 en Villalba na Concentración de Escolas de Rugby organizada polos valentes Capóns de Villalba. @s 30 valentes Mareantes pasaronofenomenal, pero pais/nais queremos que se unan algún máis dos pequechos!.
Os M14 viaxaron a Acea dá Má para xogar contra o CRAT, os coruñeses foron superiores a un equipo que está a crecer e adaptándose o rugby dos maiores, estamos seguros que ao final de tempada este equipo vai mellorar en todolos sentidos.
Os M16 e M18 xogaron na nosa casa de Monteporreiro contra o CRAT, ambolos equipos do Mareantes gañaron nunhas condicións meteorolóxicas moi complicadas. Partidos moi duros, de dianteira, ese xogo tradicional do noso equipo que tanto lles gusta aos nosos maiores. Partidos máis disputados do que reflicte o marcador, parabéns ao CRAT pola intensidade. Despois gran terceiro tempo cos nosos amigos coruñeses, onde o Club xuntou a máis de 100 persoas ata ben entrada a noite no @el_local_
Os Senior xogaron contra o Zalaeta en Acea dá Má, este ano a unión co Barbanza RC evoluciona cunha dirección positiva e demostrouse na a vitoria en Culleredo. Hai xogadores que se teñen que quedar fóra en cada xornada polo número de fichas que manexamos e é imprescindible que sigamos crecendo como equipo e axustando as diferenzas xa que estes son os referentes da Academia e son o exemplo a máis de 100 xogador@s.

Quen chega antes?. MAREANTES
www.mareantesrugbypontevedra.es
#animomanucho
#enceplansocialpontevedra