FIN DE SEMANA MAREANTES

Publicado el 6 de febrero de 2026, 10:09

O Mareantes Rugby Club de Pontevedra disputou tres partidos moi igualados esta fin de semana, achegándonos xa á recta final da Liga antes dos play-offs.
M16 e M18 viaxaron ao campo do CRAT (A Coruña)
👉 M16
O equipo, lider da categoría con baixas importantes pero coa clasificación asegurada, enfrontouse a un CRAT moi sólido e ben colocado no campo. O encontro foi esixente e acabou caendo do lado coruñés. A nota positiva: os xogadores con menos minutos puideron disputar tempo de xogo valioso, e o corpo técnico realizou probas importantes pensando no futuro inmediato, o pensamento positivo e o esforzo dos rapaces está ahí e reforzará ao equipo no futuro. As semifinais da Liga disputaranse contra UNR en partidos a ida e volta.
👉 M18
Os nosos xuvenís, segundos da Liga, xogaban contra o terceiro nun partido durísimo. O marcador mantívose igualado ata o final, resolvéndose a favor do Mareantes nos derradeiros minutos.
O equipo mostra un xogo serio e combativo, aínda que con marxe de mellora no ataque. Grazas ao seu compromiso, a semifinal xogarase na casa, novamente contra o CRAT. Vaise vivir un auténtico partidazo!
AS VI Naciones comenzan a disputarse e poderás velo no noso @el_local_
🤝 Grazas aos nosos patrocinadores
Non podemos esquecer ás empresas que fan posible este proxecto.
O noso agradecemento a #enceplansocialpontevedra pola inclusión do Mareantes Rugby no VI Plan Social 2026. O seu apoio é fundamental para o deporte pontevedrés e para clubs amateurs como o noso. Gracias.
🟢 Queres xogar ao rugby?
Tes entre 3 e 70 anos?
O MAREANTES é o teu equipo.
📞 609 347 446
📧 mareantesrugby@gmail.com
Quen chega antes? MAREANTES! 🖤🤍🏉
#plansocialencepontevedra

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios