A mala meteoroloxía trastocou boa parte da actividade deportiva en Galicia e tamén nos afectou a nós que tiñamos moitísimas actividades.
A nosa Escola non puido viaxar á IV Concentración de Lugo organizada polo Muralla, e os M14 tiveron que aprazar o seu partido de Liga contra o Ourense/Santiago RC. Non pasa nada, verémonos máis adiante.
Pola contra, nove dos nosos xogadores M16 e M18 desprazáronse a Madrid para disputar a fase final do CESA de 2ª división, acadando un excelente rendemento e finalizando subcampións. Parabéns á Federación de Baleares de Rugby (@federacionbalearderugby) polo seu triunfo e por dous partidos de gran nivel.Os Senior do Mareantes/Barbanza xogaron o domingo en Rianxo contra o CR Lalín. Foi un partido duro no noso fortín que rematou cunha vitoria local axustada e cun bo sabor de boca para todos os presentes.
Pero ti que...Queres probar o rugby?Os adestramentos xa están en marcha e estás convidado/a a descubrir un deporte diferente, divertido e con moi bo ambiente. 609 347 446 mareantesrugby@gmail.com www.mareantesrugbypontevedra.es
#enceplansocialpontevedra@fegarugby @rugbygalego
Añadir comentario
Comentarios